Malia a súa envergadura; manexo, transporte e instalación en adega afirman que faise con suma facilidade coa axuda dunha carretilla elevadora. Agora esperan obter os resultados finais do seu estudo de I+D+i referente á elaboración de viños en depósitos de granito, levados a cabo cunha adega referente na Denominación de Orixe Rías Baixas e dúas institucións de investigación españolas.
/
–
Tras o éxito dos modelos anteriores e a gran aceptación dos viños elaborados neste tipo de barrica o que fan é aproveitar ao máximo a materia prima excedente para outras aplicacións reducindo así ao má ximo os residuos. Do mesmo xeito que as súas tres predecesoras –as barricas B500, B700 e B1700–, as principais características da B3000 son a forma ovoide e a materia prima principal: o granito. Pero a capacidade nominal se sitúa ao redor dos 3.090 litros, o seu peso rolda o 4.600 kg e as súasdimensións alcanzan os 2,55 m de alto e o 1,85 m de diámetro.
A empresa galega está consolidada no mercado nacional con presenza en case o 50% das denominacións de orixe; e no internacional as vendas representan actualmente o 40% da actividade, exportando a países como Alemaña, Suíza e Eslovaquia. Os obxectivos para 2021 pasan por subir a cota de mercado español e exportar a Francia e Grecia, onde estableceron xa os primeiros contactos comerciais.
/
/
Noticia extraída da Revista Eco Dixital
/